El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA

O Conservatorio Superior de Vigo ofertará a especialidade de Produción e Xestión

30-07-2017 21:09:54

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria autorizou a posta en marcha, o vindeiro curso 2017/18, dunha nova especialidade no Conservatorio Superior de Música de Vigo. En concreto, trátase do título superior en Produción e Xestión, que ademais de ser unha novidade para o centro vigués, tamén se trata da primeira vez que se oferta en Galicia. O alumnado poderá matricularse a partir de setembro.

En base ao plan de estudos do título, o alumnado adquirirá coñecementos sobre a planificación e xestión de proxectos relacionados coa música, nalgunhas das súas posibles fases como a creación, a realización, a gravación, a exhibición pública ou a distribución. Entre outras competencias, coñecerá en profundidade o repertorio histórico e o máis recente de diversas prácticas e estilos musicais, cunha especial atención ás tendencias máis recentes no campo da creación e a interpretación.


Máis de 4.000 matriculados

O conservatorio de Vigo é, xunto co da Coruña, un dos dous únicos conservatorios superiores de música que hai na Comunidade galega. O curso pasado 2016/17 contou con 279 matriculados en 25 especialidades musicais, que o vindeiro ano académico ascenderán a 26 coa incorporación de Produción e Xestión.

Dentro deste contexto, cómpre destacar que en Galicia se está rexistrando un incremento da matrícula nos conservatorios (máis de 4.000 matriculados nos centros oficiais o curso pasado) e demais centros autorizados, o que amosa o interese que espertan as ensinanzas musicais na Comunidade Autónoma.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias