El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

Situación dos lumes forestais

23-08-2017 21:22:25

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais:


Activo Porto do Son

Desde as 15,52 horas desta tarde permanece activo un incendio no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control participan 6 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.


Activo Palas de Rei

Ás 15,24 horas comezaba un lume no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Pambre, que permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 40 hectáreas. Nas tarefas de control levan traballado 1 técnico, 3 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 4 helicópteros e 1 avión.


Activo Carballedo

Activo desde as 16,20 horas un incendio no municipio lugués de Carballedo, parroquia de Aguada, que afecta provisionalmente unha superficie de 20 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 2 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.


Activo Chandrexa de Queixa

Permanece activo o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que comezou onte ás 19,34 horas Segundo últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas. No seu control traballan 4 axentes, 13 brigadas, 1 motobomba, 1 pa, 8 helicópteros e 4 avións. 


Estabilizado Castro Caldelas

Permanece estabilizado o lume rexistrado no termo ourensán de Castro Caldelas, parroquia do Burgo, que comezaba onte ás 18,27 horas Segundo últimas estimacións, afecta unha superficie de 250 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Estabilizado Monterrei-Infesta

Estabilizado o incendio que comezaba ás 17,41 horas de onte no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Infesta. Segundo últimas estimacións, afecta unha superficie de 350 hectáreas. No seu control levan traballado 19 axentes, 40 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 4 avións.


Controlado Cervantes

Desde as 21,25 horas de onte está controlado o incendio que comezaba o luns ás 12,37 h. no concello lugués de Cervantes, parroquia de San Tomé de Cancelada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie 67,77 hectáreas, das que 42 son de monte arborado e as 25,77 restantes de raso. Nos traballos de extinción levan participado 1 técnico, 8 axentes, 31 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.


Controlado Cervantes II

Na mesma parroquia de San Tomé de Cancelada, concello de Cervantes, tamén permanece controlado desde as 05,20 horas de onte un segundo incendio que se iniciaba o luns ás 16,44 h. A superficie afectada é de 31,21 hectáreas, segundo as últimas estimacións. Nas tarefas de extinción levan traballado 3 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros e 1 avión.


Controlado A Pobra de Trives

Continúa controlado desde as 16,00 h. de onte o incendio no concello da Pobra de Trives, parroquia de Cova, que comezou ás 22,16 horas do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 20 hectáreas, 18 de monte raso e as 2 restantes de arborado. Na súa extinción levan participado 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.


Controlado Montederramo

Permanece tamén controlado desde as 19,34 h. do luns o incendio rexistrado no concello de Montederramo, parroquia de Marrubio, que se iniciaba tamén o luns ás 13,55 h. Segundo as últimas estimacións, afecta 42 hectáreas, das cales 18 son de monte arborado e 24 de raso. Na súa extinción levan traballado 7 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias