El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA

O PSdeG aproba o calendario do proceso de primarias

26-08-2017 20:39:03

A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE vén de aprobar o calendario definitivo e as bases para o XIII Congreso Ordinario do partido nunha xuntanza que tivo lugar na mañá de hoxe. O proceso dará comezo co plazo de presentación de precandidaturas os días 4 e 5, e a xornada de votación de primarias será o 8 de outubro e o Congreso Nacional celebrarase na fin de semana do 27, 28 e 29 dese mesmo mes.   

Os precandidatos terán desde o 7 ata o 20 de setembro para a recollida de avais, e os que acaden un 10% de respaldo da militancia serán proclamados candidatos, cun prazo para presentar recursos do 21 ao 25 de setembro. A campaña de información interna dos candidatos desenvolverase do 26 de setembro ata o 7 de outubro.   

Orde do día   Na xuntanza de hoxe foi aprobada a orde do día do XIII Congreso do PSdeG-PSOE, así como a composición e o censo, o mesmo que foi pechado o pasado 1 de abril na convocatoria do Congreso Federal.   

Tamén foron aprobados os requisitos para a presentación de candidatos e o baremo para elixir delegados e delegadas ao Congreso, ademais doutros requisitos que rexerán o seu desenvolvemento. Os acordos aprobados nesta xuntanza serán trasladados a tódalas agrupacións socialistas o próximo luns. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias