El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

NA PRAZA DO OBRADOIRO

Alfombristas de tres continentes reúnense a favor da paz

03-09-2017 15:40:58
A praza do Obradoiro énchese de cor.

Santiago de Compostela.- A praza do Obradoiro acolle hoxe unha imaxe inédita cunha vintena de alfombras florais realizadas por máis de 200 artesáns de ata tres continentes reunidos por primeira vez no proxecto Alfombras no Camiño de Santiago, arte efémera para a paz do mundo, co apoio de Turismo de Galicia. As creacións, rematadas durante a noite despois de horas de traballo, son este domingo motivo de admiración de galegos e turistas e esta mañá protagonizaron os actos centrais desta celebración, cun acto simbólico pola paz no que participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O proxecto, desenvolvido durante toda a fin de semana na capital galega, é promovido pola Comisión Internacional de Alfombristas de Arte Efémera, a Federació Catalana d’Entitats Catifaires e a Coordinadora de Alfombristas Galegos. Na cita participan dous asociacións de alfombristas de Italia e México, ademais das procedentes de Xapón e Alemaña e de seis comunidades españolas: Asturias, Canarias, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña e Galicia. A Comunidade galega conta coa presenza de sete colectivos diferentes de concellos das catro provincias: Bueu, Burela, Cangas, Ponteareas, Redondela, Rianxo e Ribadavia.

“Todas as alfombras son distintas, con técnicas e materiais diferentes, pero todas comparten un substrato común e hoxe máis que nunca, un obxectivo único: a paz”, afirmou Nava Castro no acto institucional celebrado tras a misa do peregrino no claustro de San Martín Pinario. A directora de Turismo agradeceu aos organizadores o esforzo na preparación deste encontro e animoulles a exhibir o seu patrimonio inmaterial en outras prazas de todo o mundo.


Exposición ‘Confluencias da arte’

Nava Castro confiou en que esta mensaxe, formulada desde a tradición e a cultura na que se expresan pobos diversos, espállese ao longo dos Camiños de Santiago cos peregrinos de preto de 170 nacionalidades que este año xa o percorreron. “Todos eles conflúen aquí cos seus mellores valores de solidariedade e convivencia. Alí onde hai un peregrino que un día na súa vida camiñou ata Santiago de Compostela permanece o espírito desta ruta de paz”, declarou a titular de Turismo da Xunta. Na súa intervención, tivo tamén palabras de recordo para as vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils e os seus familiares e amigos.

Todas as alfombras teñen forma de vieira, como símbolo do Camiño de Santiago, e xuntas forman unha grande manifestación artística que adquire esta mesma forma. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias