El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

PARA IMPULSAR OS SEUS MERCADOS

A Xunta concede un millón de euros a 30 concellos

03-09-2017 15:58:56

A Xunta de Galicia apoia con máis dun millón de euros a un total de 30 concellos galegos para seguir impulsando a excelencia dos seus mercados e a creación de novos espazos.

Así, destina 724.000 euros a 11 concellos dentro do programa de creación de espazos de emprendemento comercial no medio rural. Unha iniciativa que apoia aos municipios para a adecuación de instalacións de uso comercial e para que os emprendedores poidan exercer neles a súa actividade tanto en prazas de abastos como noutro tipo de instalacións.

Os beneficiarios contarán cunha axuda de ata o 70% ou un máximo de 70.000 euros por proxecto, debendo desenvolver actuacións de difusión, asesoramento e formación dirixidas ás persoas interesadas na iniciativa. Estes novos 11 concellos sumaranse aos nove que o ano pasado recibiron esta axuda para a posta en marcha destes espazos.

Por outra banda, un total de 19 concellos recibirán máis de 350.000 euros para a consecución de mercados de excelencia e a posta en marcha de novos servizos para os clientes. Entre as actuacións que se apoiarán atópanse o acondicionamento do edificio a través de diferentes reformas e obras de reparación, rehabilitación ou modernización, ademais da mellora da imaxe exterior e accesos.

As dúas liñas de axudas forman parte do Plan de Mercados Excelentes de Galicia 2016-2020, que recolle 20 actuacións específicas coas que se pretende potenciar estas infraestruturas comerciais como espazos de emprendemento e de dinamización económica, adaptados aos novos hábitos dos consumidores e vinculados ao territorio.

Estes apoios súmanse ás axudas concedidas ás asociacións de comerciantes para a dinamización de 51 centros comercias abertos e a 28 agrupacións de praceiros que desenvolverán preto de 700 actuacións en toda Galicia. Neste caso a Xunta colabora con preto de 2 millóns de euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias