El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLITICA | PSdeG

Villoslada rexistra a súa precandidatura ás primarias socialistas

04-09-2017 19:01:47

O precandidato ás primarias dos socialistas galegos, Juan Díaz Villoslada, rexistrou hoxe na sede do PSdeG a súa precandidatura e fixo públicos os seus doce primeiros compromisos co partido. 

“É un día importante para o partido en Galicia, entramos nun proceso de democracia interna no que a decisión final vai ser tomada pola militancia”, asegurou Villoslada ante os medios de comunicación tras rexistrar a precandidatura. 

“Anunciarei novas medidas orgánicas e de carácter político nas próximas semanas, pero entre os compromisos que presento hoxe destaco a necesidade de reforzar ascanles de participación da militancia, así como a rendición de contas por parte dos cargos do PSdeG”, manifestou o precandidato socialista, que apeloua “unha campaña limpa e construtiva, unha campaña para sumar e non para restar”. 

Entre os doce compromisos, están ademais o de potenciar a voz das comarcas, revitalizar as Casas do Pobo, darlle protagonismo ás mulleres e a xuventude, ter unha executiva más funcional e poñer en marcha un foro anual da militancia. 

Por outra parte, Villoslada quere reforzar o partido coa figura dunha vicesecretaría xeralforte e establecer a obligatoriedade de consultar á militancia decisións relacionadas coaestratexia política do partido, como os pactos poselectorais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias