O precandidato
á secretaría xeraldo PSdeG Juan Díaz Villoslada, que hoxe ten encontros coa
militancia na provincia de Ourense co acto central en O Barco, critica “que o
PPdeG se burle de que Pedro Sánchez lle recoñeza a Galicia o lugar que merece”
dentro das comunidades históricas xunto con Cataluña e Euskadi. "Isto evidencia
que é urxente unha visión de Galicia desde a esquerda", afirma.
Villoslada
aféalle a Feijóo que "xa bloqueou unha vez que Galicia avanzase en autogoberno e
gañase peso" ao rexeitar a proposta de reforma do Estatuto de Autonomía de
Emilio Pérez Touriño, e agora permite
que o seu partido desde Madrid e en Galicia "se burle e poña en dúbida o
carácter diferencial da nosa comunidade recoñecido na Constitución”.
"Esta reacción
do PP explica moitascousas; entre elas por que Feijóo e o seu partido calan
cos Orzamentos do Estado máisbaixos que se lembran para Galicia ou por que
baixamos os brazos co AVE ou coa AP9”, critica o socialista. Departamento de comunicación