O precandidato ás primarias dos socialistas
galegos Juan Díaz Villosladaten o
obxectivo de “captar talento e compartilo co conxunto do partido”, cunha axenda
de militantes ‘voluntarios’ especializados en diferentes temas, que poden
impartir formación ou axudar cando as agrupacións o precisen.
Villoslada manterá durante o día de hoxe
encontros con militantes en Silleda, Caldas, Cambados e Vilagarcía. “Temos que
abrir o partido á sociedade e facelo influínte”, sostén o precandidato, que
considera que “os procesos internos teñen que servir para sumar e facer crecer
o partido, non para xerar feridas e que sexamos menos”.
“Temos que aproveitar e potenciar o talento
que xa temos no partido e atraer tamén xente de fóra, persoas especializadas e
cualificadas que podamos poñer ao servizo das agrupacións socialistas,
impulsando a súa actividade e as iniciativas de formación”, asegura.
En opinión de Villoslada, “as primarias teñen
que ser unha plataforma de exposición e lanzamento, pero non só do candidato entre os militantes, tamén do partido entre o
conxunto da sociedade galega”. Departamento de comunucación