O PPdeG quere trasladar unha mensaxe
de felicitación ao seu presidente de honra, Xerardo Fernández Albor, polo seu
aniversario número 100. Para isto, os populares prepararon vídeo (https://youtu.be/Vk-6izKt0cA)
que repasa en imaxes a súa traxectoria política e pretende servir como homenaxe
ao primeiro presidente da Xunta que tivo o PP en Galicia (Alianza Popular).
Albor segue a ser un referente do
partido, un dirixente que non é patrimonio do PP senón de todos os galegos, e
unhas das figuras máis importantes da democracia do noso país. Nestes tempos
nos que hai territorios que con frecuencia toman camiños equivocados, o noso
presidente de honra tivo por costume acertar e poñer por diante os intereses do
noso pobo.
Ademais, aos seus 100 anos, Xerardo
Fernández Albor segue a ser un activo do PPdeG, mantendo un contacto permanente
coa cúpula do partido e sendo habitual que contribúa coas súas aportacións
intelectuais e ideolóxicas que axudan na configuración do noso ideario
político. De feito, recentemente, o presidente Alberto Núñez Feijóo visitouno
na súa residencia e alí mantiveron unha animada charla de política actual e da
pasada, na que demostrou que segue a ter unha capacidade privilexiada para
temas políticos e para a xestión pública.