El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CURSO 2017/18 | ESTE LUNS

Comezan as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial

09-09-2017 12:03:34
Centro Liceo La Paz.

O vindeiro luns 11 comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 197.364 escolares, o que supón un 0,7% menos ca no curso 2016/17, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.


Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 60.339 alumnos comezarán o luns 11 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 2,4 % menos ca no curso 2016/17. Ademais hai que sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 7% respecto do curso anterior. 


Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 137.022 alumnos tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior. No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 8,8 % menos. 


Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1394, un 0,6 % máis ca no 2016/17. No referido ao número de unidades concertadas, este ano será dun total de 2638. En concreto, nas etapas de infantil, primaria e educación especial haberá 16 unidades concertadas máis ca no curso anterior, debido ás necesidades de escolarización das diferentes zonas.

No referido ao profesorado, os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.277 docentes.


Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 74.828, das cales 14.074 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 434 comedores, deles 302 de forma directa e 132 de forma indirecta, (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda as ANPAS son responsables de 134 comedores e os Concellos de 42. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de 3787 comensais en 47 centros escolares dos Concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Meaño, Mugardos, Muíños, Lugo, Santiago de Compostela e Sarria. Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 436 alumnos de centros de educación especial non públicos.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais- a 89.818 alumnas e alumnos de 774 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 355 alumnos de centros de educación especial que non son públicos. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario. Ver gráficos





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias