O precandidato ás
primarias dos socialistas galegos,Juan Díaz Villoslada, defendeu hoxe “un PSdeG
que teña cada vez un maior peso no proxecto de España”.
Villoslada, que
participa esta tarde nun acto con militantes en Ourense, lembra que “estamos
nun momento no que está en xogo o financiamento autonómico, o
modelo territorial, a recuperación en igualdade con outras comunidades e acabar
coa fenda que existe con respecto ao resto de España desde que está Feijóo”.
“Defendo un proxecto socialista para Galicia disposto a facer da
nosasingularidade como país un valor, temos que ser capaces de afrontar retos
propios con solucións propias”, manifestou.
En opinión do precandidato socialista, “necesitamos un partido que integre
e aproveite o valor das persoas de dentro do partido e do resto da sociedade
civil, é necesario aproveitar a intelixencia colectiva que este partido e este
país demostraron ter en numerosas ocasións”.
“Traballarei por un partido máis participativo, que aposte claramente
polarexeneración democrática e a calidadedunha política moitas veces
menosprezada por outros partidos”, engadiu Villoslada, que rematoupedindo “unha
aposta pola transparencia como motor do desenvolvemento democrático”.