O precandidato ás
primarias dos socialistas galegos, Juan Díaz Villoslada, asegurou hoxe que “ninquén
pode arrogarse a voz da militancia ninerixirse de antemán no seu representante”.
“A militancia demostrou independencia e madurez nos anteriores
procesos de elección”. “Foi a militancia, coa súa participación e cosseus votos,
a que fixo que se volva a crerna política e que se volva a crer no Partido
Socialista”.
En opinión do precandidato socialista, “o partido
non pode ser un fin, senón un medio para cambiar a sociedade; para moitos, o
Partido Socialista é un fin en simesmo, levan moito tempo tratando de buscar o
seuespazo dentro del, peroese non é o meu caso, eu opto á Secretaría Xeralpara
transformar a sociedade”.
“É necesario unha reformulación da cultura política
do partido, das dinámicas internas do partido”, engade Villoslada. “Non só está
en xogo a elección do secretario xeral, senón a posibilidade de integrar e
sumar toda a sabedoría e as ideas que residen no partido para construír un
novoproxecto de futuro para o socialismo galego”, rematou. Departamento de comunicación