El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

Cabana celebra a IV carreira popular "Dolmen de Dombate"

14-09-2017 10:43:11
IV Carreira Popular "Dolmen de Dombate".

O concello de Cabana de Bergantiños celebrará o vindeiro sábado 23 a súa IV Carreira Popular "Dolmen de Dombate" na que como cada ano se darán cita centos de deportistas agrupados en distintas categorías que van desde “Pitufos” cun percorrido de 300 metros a “Senior” e “Veteranos” que farán un circuito de 10 quilómetros. “Cadete” e “Xuvenil” deberán cumplir un itinerario de 3 quilómetros e “Alevín” e “Benxamín” de 1 quilómetro. A saída da proba será escalonada desde as 18.15 horas na que arrancará a carreira para os mais cativos, sendo os últimos en saír os encadrados na categoría “Veteranos M50” que o farán as 18.45 h.

A organización da proba ten previsto servizo de autobús para achegar os corredores a liña de saída e tamén prevee a instalación de duchas e unha liña de avituallamento no remate da proba. Tódos os participantes recibirán unha camiseta técnica como agasallo pola sús participación. Para realizar a inscripción os participantes, que na edición anterior se achegaron aos 800, deberán inscribirse na plataforma Web championchipnorte.com.

A IV Carreira Popular "Dolmen de Dombate”, enmárcase dentro do convenio  de xestión do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate entre o Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación Provincial da Coruña.  Unha proba que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, e acercar implicar tamén á poboación en xeral  para que visite e se conciencie da importancia do xacemento. Filosofía que tamén comparte a cadea de supermercados Erosky City que decideu apoiar este certame como patrocinar do mesmo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias