El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | NO SUG

Educación destina 200.000 euros para que os desempregados cursen másteres oficiais

14-09-2017 11:47:03

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego para cursar másteres oficiais no curso 2017/18, á que destina 200.000 euros.

A contía da bolsa, que vai desde os 1215 € aos 1788,6 € por beneficiario, cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario segundo os prezos públicos fixados pola Xunta para este curso académico.

Tal como establece a convocatoria, os interesados en solicitar estas bolsas deben estar a día de hoxe en situación de desemprego, posuír un título universitario expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015; estar matriculado no curso 2017/18 nun máster oficial ofertado polas universidade so Sistema Universitario de Galicia, cun mínimo de 60 créditos; residir en Galicia polo menos nos últimos dous anos; e estar inscrito como demandante de emprego durante un período igual ou superior a 180 días; entre outros.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir de mañá e as solicitudes deberán formalizarse por vía electrónica na sede https://sede.xunta.es. Esta liña de axudas responde, un ano máis, ao compromiso da Consellería de Cultura e Educación de continuar apoiando aos titulados universitarios en situación de desemprego co fin de mellorar as súas posibilidades de incorporación ao mercado de traballo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias