El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

CICLISMO | VOLTA A GALICIA

Martingil, o máis rápido en Monforte e Lestido defendeu o liderado

15-09-2017 21:05:43
Segunda xornada da Volta Ciclista a Galicia.

O portugués Cesar Martingil (Liberty) impúxose na segunda xornada da Volta Ciclista a Galicia que se disputou en Monforte de Lemos. A xornada tivo que resolverse ao sprint despois de que o Grupo Deportivo Supermercados Froiz neutralizase cada un dos intentos de escapada que tiveron lugar ao longo dos 143 quilómetros da etapa. A volata en Mondoñedo permitiu que os de Poio defendesen un día máis o liderado de Martín Lestido. 

Martingil foi un dos grandes animadores do día ao ser primeiro en cada unha das metas disputadas, tanto na final de Monforte como nas metas volantes de Taboada e Oural. 

Tras un primeiro terzo de carreira con varios intentos de fuga que apenas serviron para acelerar o ritmo de carreira, foi o chileno Elías Tello (Kuota Paulino) quen protagonizou a primeira escapada seria no kilometro 74. Tello sumou en poucos quilómetros unha vantaxe superior aos 2 minutos de vantaxe sobre o pelotón, o que fixo que se activasen as alarmas. Evaristo Portela (Froiz) puxo a tirar aos seus corredores para desbaratar a aventura do chileno. O do Kuota asturiano gañou valiosos puntos para facerse coa camisola Telefurgo de líder da montaña antes de ser neutralizado no kilometro 100. 

A disputa da última meta volante, a trinta quilómetros de meta, tensou o grupo cabeceiro que resultara do ascenso á Cruz do Incio. Eran uns 70 os elixidos para buscar o triunfo final e entre eles probou sorte o ruso Alexander Grigorev (Diputación de León). O ciclista, recentemente chegado de ser 2º na Volta a Valencia tentouno con valentía pero o Froiz non estaba disposto a que o líder cedera segundos. A falta de dous quilómetros para a meta o pelotón botouse enriba do fuxido e deixou a resolución á sorte do sprint co consabido triunfo de Cesar Martingil. 

Ao remate da xornada, o alcalde de Monforte e o Deputado Provincial de Deportes da Xunta en Lugo impuxeron a camisola amarela de líder por segundo día consecutivo ao padronés Martín Lestido. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias