El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Villoslada: "A nosa candidatura está centrada en facer propostas"

26-09-2017 20:58:55

O candidato ás primarias dos socialistas galegos, Juan Díaz Villoslada, anuncia o seu compromiso de crear unha secretaría de Memoria Histórica na súa Executiva, no caso de obter a confianza da militancia nas eleccións do próximo 8 de outubro. “Nese relato desde a esquerda que demanda Galicia, temos que abanderar a reivindicación da memoria e garantir o cumprimento la lei aprobada polo goberno socialista de Zapatero”, afirma. 

“A nosa candidatura está centrada en facer propostas para ser un referente na construción dun relato de Galicia desde a esquerda, non en estratexia selectorais ou orgánicas”, manifesta Villoslada no primeiro día de campaña das primarias do PSdeG. 

“A recuperación da memoria resulta imprescindible para o noso partido, por lealdade á loita que moitos compañeiros e compañeiras de esquerda levaron a cabo para defender a legalidade da República e os seus ideais”, di Villoslada. En opinión do candidato socialista, “o PSdeG ten que ser o eixo fundamental de toda iniciativa de Memoria Histórica en Galicia, tanto por historia propia como por compromiso”, polo que reclama “contundencia e rumbo fixo” nestes temas para “ser fieis aos valores progresistas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias