Braga (Portugal).- O
presidente do PPdeG, Núñez Feijóo, participu hoxe nun mitin para apoiar
ao aspirante á Alcaldía de Braga, Ricardo Rio, ao que cualificou como “o mellor
candidato para que Braga siga avanzando”. “Non é só o mellor parceiro dos
galegos para que os nosos pobos sigan crecendo da man. É o mellor parceiro dos
bracarenses para que a vosa cidade siga sendo un gran espello no que mirarse”, remarcou.
“Confío na
responsabilidade e na sabedoría política dos bracarenses”, apuntou antes de
asegurar que está convencido de que “Ricardo Rio será o presidente da Cámara de
Braga durante os vindeiros catro anos”.
O líder do
PPdeG tamén manifestou que os galegos temos moitos puntos en común co noso
“país irmán”. Segundo precisou, eses vínculos culturais, económicos, educativos, e políticos serven como base para o labor conxunto que se
desenvolve no seo da Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal.
“Galicia pode admirar moito de Portugal”,
aseverou Feijóo salientando o “magnífico traballo” que realizan en Braga os
científicos españois e portugueses do Laboratorio ibérico internacional de
nanotecnoloxía, cuxas investigacións poden converter a Eurorrexión en
referencia mundial nese campo.
Do mesmo
xeito, sinalou que a nosa Comunidade tamén pode admirar do país veciño un
sistema electoral municipal que garante que o candidato máis votado sexa o
presidente da Cámara, definíndoo como “admirable” xa que permite garantir que “o
seu municipio tome sempre o rumbo que a maioría decide”.
Braga, cidade exemplar
“O tempo
novo que Ricardo Rio prometeu traer a Braga xa é hoxe unha realidade”, destacou
o líder dos populares galegos namentres apuntaba que na actualidade esta urbe
portuguesa é máis transparente, máis innovadora, máis respectuosa co seu
patrimonio e a súa cultura, máis próspera, e gobernada con honestidade e
credibilidade. “Hoxe Braga é unha cidade mellor”, insistiu mentres precisaba
que “se é a cidade con máis mozos de Portugal é porque aquí a xente nova ten
oportunidades”.
Así mesmo,
Feijóo lembrou que, nos últimos anos, “Braga gañou en calidade de vida e os
bracarenses gañaron en ilusión”. De feito, é a terceira mellor urbe de Europa
para vivir segundo o Eurobarómetro. Por ese motivo, o presidente do PPdeG pediu
aos veciños que volvan confiar de novo en Rio o vindeiro domingo xa que non é
doado ter un alcalde “traballador, dialogante e con ideas”. Departamento de comunicación
Braga (Portugal).- O presidente do PPdeG, Núñez Feijóo, participu hoxe nun mitin para apoiar ao aspirante á Alcaldía de Braga, Ricardo Rio, ao que cualificou como “o mellor candidato para que Braga siga avanzando”. “Non é só o mellor parceiro dos galegos para que os nosos pobos sigan crecendo da man. É o mellor parceiro dos bracarenses para que a vosa cidade siga sendo un gran espello no que mirarse”, remarcou.“Confío na responsabilidade e na sabedoría política dos bracarenses”, apuntou antes de asegurar que está convencido de que “Ricardo Rio será o presidente da Cámara de Braga durante os vindeiros catro anos”. O líder do PPdeG tamén manifestou que os galegos temos moitos puntos en común co noso “país irmán” . Segundo precisou, eses vínculos culturais, económicos, educativos, e políticos serven como base para o labor conxunto que se desenvolve no seo da Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal. “Galicia pode admirar moito de Portugal”, aseverou Feijóo salientando o “magnífico traballo” que realizan en Braga os científicos españois e portugueses do Laboratorio ibérico internacional de nanotecnoloxía, cuxas investigacións poden converter a Eurorrexión en referencia mundial nese campo. Do mesmo xeito, sinalou que a nosa Comunidade tamén pode admirar do país veciño un sistema electoral municipal que garante que o candidato máis votado sexa o presidente da Cámara, definíndoo como “admirable” xa que permite garantir que “o seu municipio tome sempre o rumbo que a maioría decide”.Braga, cidade exemplar“O tempo novo que Ricardo Rio prometeu traer a Braga xa é hoxe unha realidade”, destacou o líder dos populares galegos namentres apuntaba que na actualidade esta urbe portuguesa é máis transparente, máis innovadora, máis respectuosa co seu patrimonio e a súa cultura, máis próspera, e gobernada con honestidade e credibilidade. “Hoxe Braga é unha cidade mellor”, insistiu mentres precisaba que “se é a cidade con máis mozos de Portugal é porque aquí a xente nova ten oportunidades”. Así mesmo, Feijóo lembrou que, nos últimos anos, “Braga gañou en calidade de vida e os bracarenses gañaron en ilusión”. De feito, é a terceira mellor urbe de Europa para vivir segundo o Eurobarómetro. Por ese motivo, o presidente do PPdeG pediu aos veciños que volvan confiar de novo en Rio o vindeiro domingo xa que non é doado ter un alcalde “traballador, dialogante e con ideas”. Departamento de comunicación