O candidato ás
primarias dos socialistas galegos, Juan Díaz Villoslada, apostou hoxe “pola
transición ecolóxica da economía e por un novo modelo desde a esquerda”.
“Fronte
a un PP que está destruíndo o sector industrial de Galicia, temos que crecer de
xeitomáis eficiente e sobre unha base sólida, cambiando o concepto de
produtividade”, apunta Villoslada, que defende “ser máisprodutivos non a costa
de baixar salarios ou prescindir de traballadores, se non investindomáis en
educación, investigación e coñecemento”.
“O goberno de Feijóo e o Partido Popular supoñenoito
anos perdidos para a nosa industria; por un lado, deixousemorrer á industria
galega tradicional e, aomesmo tempo, non se propoñen fórmulas alternativas que
camiñen cara a unha reindustrialización do noso país”, asegura o candidato
socialista, que esta tarde ten tres actos coa militancia en Moraña, A Illa de
Arousa e Lalín.
En opinión de Villoslada, “debemos camiñar cara a un
modelo de crecementomáis sustentable, que poña en valor o que mellortemosnanosaterra:
o seu valor paisaxístico e os recursos naturais que posúe”.
“Temos que volver a poñer en marcha o enorme
potencial de produción do noso sector primario, da industria e da enerxía, porque
o noso territorio é produtivo en si mesmo; esa é a súanatureza”, rematou. Departamento de comunicación