El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A Xunta e os sindicatos médicos chegan a un acordo para desconvocar a folga

26-10-2017 14:05:14

O Servizo Galego de Saúde e as organizacións sindicais CESM e OMEGA veñen de chegar a un acordo en materia de carreira profesional do persoal licenciado do Sergas, e, como consecuencia do mesmo, quedou desconvocada a folga prevista para os días 2 e 3 de novembro, así como a indefinida do mes de decembro.

Tanto o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña como os sindicatos CESM e OMEGA coinciden en considerar estratéxica e prioritaria a implantación dun sistema de carreira ordinaria no Sistema Sanitario Público de Galicia. Deste xeito, grazas ao acordo acadado, procederase á negociación das bases da carreira ordinaria de todo o persoal licenciado sanitario, que deberá estar rematada no mes de xuño de 2018. Nestas bases de carreira ordinaria, contemplarase un sistema transitorio de encadre para unha soa vez, a un único grao (grao I ou sucesivo). Sinalar que o recoñecemento deste grao requirirá un mínimo de permanencia como persoal estatutario fixo e responderá a un procedemento específico de avaliación, que se determinará nas bases da futura carreira ordinaria.

Durante o segundo semestre de 2018 procederase á convocatoria e recoñecemento administrativo dos novos graos de desenvolvemento profesional derivados do sistema transitorio.

Esta nova medida de recoñecemento á carreira profesional vense engadir a outras adoptadas polo departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña, como poden ser a sinatura do Plan de Estabilidade do Emprego e provisión de prazas de persoal estatutario de maio de 2017; os incrementos retributivos do 1% nos anos 2016 e 2017 ou o complemento específico adicional das pagas extraordinarias nos meses de xuño e decembro do presente ano; e o recente acordo en Mesa Sectorial mediante o que o Sergas vaise convertir no primeiro servizo de saúde de todo o Estado en poñer en marcha un procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para o persoal estatutario.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias