El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Cidade da Cultura acolle a presentación de "soños de nenos"

27-10-2017 21:27:46

O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe ao serán o acto de presentación da obra Soños de nenos, coa que a profesora Mónica Inés Varela Gestoso se fixo no ano 2015 co Premio Arume de Poesía, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

García Gómez recordou “que o galardón, canda ao Estornela de teatro, foi creado por Anisia Miranda, compañeira de vida de Neira Vilas, nun empeño e unha convicción firmes de crear ou promover, e incluso animar os autores novos, a facer literatura infantil”. No acto participaron, amais do secretario xeral e da autora, o presidente da Fundación, Xosé Luís Reimóndez, e o editor da obra, Miguel Toval (Embora Edicións).

O Premio Arume de Poesía convócase cunha periodicidade bianual e conta na súa nómina de gañadores con nomes tan destacados das letras galegas coma Xosé María Álvarez Cáccamo (Lúa de Pan, 2001), Helena Villar Janeiro (Na praia dos lagartos, 2003), Marica Campo (Abracadabras, 2005), Concha Blanco (Cantos da rula, 2005), Xoán Babarro (A princesa de Taramundi, 2009), Rafa Villar (Patente de corso, 2011), María Xosé Lamas (Cantigas para aprender a soñar, 2013).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias