El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Caballero anima ao PSdeG a recuperar o protagonismo na vida galega

29-10-2017 19:47:11
XIII Congreso.


O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, salientou que o XIII Congreso do socialismo galego supón un “punto de inflexión” neste partido, e chamou á militancia, aos 10.000 mulleres e homes socialistas, a converterse “no exército do cambio que Galicia agarda” para liderar unha coalición de progreso “retirar ao PP do Goberno da Xunta”. 

 Para acadar este obxectivo o PSdeG debe de acadar “máis músculo” na rúa. Na xornada de clausura, Caballero falou dunha nova etapa no PSdeG e presentou un partido máis aberto e máis activo, “recuperemos o estar presente na sociedade” e crear “unha alternativa de esquerdas”.            

Caballero imponse a labor de construír “unha coalición social de progreso, co activismo social, os sindicatos, os movementos agrarios, e as ongs”. Se hai tantos vectores de cambio, de insatisfeitos coa dereita, “hai que ordenalos detrás do PSdeG para cambiar o Goberno do PP”.

 “Comecemos a traballar polas municipais”, dixo en recordo do próximo compromiso electoral que deben afrontar, en 2019. Neste sentido Gonzalo Caballero instou aos seus compañeiros e compañeiras a recordar á cidadanía a nosa capacidade de Goberno” demostrada ao longo da historia. Só os socialistas son a garantía de “gobernos estables como alternativa á dereita e á ineficacia e demagoxia doutras formacións que teñen emerxido” aseverou. 


Congreso

“Temos feito un bo congreso”, afirmou Caballero, que salientou o reforzo dos alicerces internacionalistas e galeguistas do partido e a defensa do social, así como a incorporación dun marcado “compromiso verde” pola sostibilidade. 

Salientou a nivel orgánico a recuperación da estrutura comarcal, que reforzará o apoio aos concellos. Defendeu tamén a autonomía do PSdeG desde a lealdade ao Partido Socialista. Destacou e agradeceu o esforzo de todas as delegacións para acadar un acordo que levou a contar cunha executiva respaldada polo 71,18%. Despediuse dos delegados e delegadas lembrando que “todos somos instrumentos ao servizo dunha causa: o interese xeral da cidadanía galega, que nos agarda”.


Apoio a Pedro Sánchez

O líder dos e das socialistas de Galicia fixo unha breve referencia ao conflito en Cataluña para recalcar que o Partido Socialista defende o internacionalismo e o galeguismo, “non quere fronteiras”. “Non somos independentistas nin nacionalistas, os socialistas creemos no imperio da lei e no diálogo”, dixo. 

O PSdeG debe impregnarse ademais dos “signos de modernidade” e ser capaz de seguir o círculo ascendente da aberto tras as primarias nas que saíu elixido Pedro Sánchez, a quen agradeceu a presencia no XIII Congreso e lle brindou o “respaldo do socialismo galego”. 

“Se aproveitamos as primarias, e o ciclo electoral que se abriu con esta consulta”, que asimilou ao de outros momentos como o de Felipe González ou Zapatero, “poderemos lograr o cambio en España, acabar cun goberno sen proxecto e inmerso na corrupción como o do PP”. O cambio, asegurou, “só será posible co impulso do PSOE e presidido por Pedro Sánchez”.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias