El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Medio Ambiente conclúe o informe ambiental estratéxico da modificación urbanística da Solana

31-10-2017 19:56:30

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio dá por concluído o trámite ambiental da modificación puntual do PXOM da Coruña que posibilita a reclasificación como sistema público de equipamentos os terreos da Solana. Así o indica o informe emitido polo departamento de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, no que se descarta, ademais, a necesidade de realizar un estudo ambiental completo debido a que a tramitación e desenvolvemento da modificación que consta na documentación non prevé efectos significativos sobre o medio ambiente. 

Así, tras incorporar as indicacións de carácter cualitativo, documental e normativo realizadas polos distintos organismos consultados, o Concello poderá seguir avanzando na tramitación urbanística da proposta de reclasificación dos terreos da Solana.

A maior parte destas observacións, refírense á necesidade de concretar a superficie do ámbito desta modificación, así como achegar a cartografía correspondente. Tamén sinalan a importancia de establecer unha avaliación dos custes de execución e realizar a tramitación urbanística desta modificación de acordo á normativa vixente en materia de solo de Galicia.

Cómpre recordar que o ámbito da proposta de modificación constitúe unha superficie de 29.000 metros cadrados situados entre a Avenida do Parrote e o Paseo Marítimo, ou sexa, un espazo totalmente antropizado, polo que o desenvolvemento desta proposta non prevé efectos significativos sobre a contorna.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias