El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 3,03%

03-11-2017 11:36:10

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de mañá por un 3,03% do total dos convocados.

Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento na quenda de mañá foi do 4,22% na Coruña, do 4,22% na de Ferrol, do 3,01% na de Santiago, do 1,64% na de Pontevedra, do 4,87% na de Vigo, do 1,22% na de Lugo, e do 1,27% na de Ourense. Nas entidades adscritas (axencias, fundacións e empresa pública) o seguimento foi do 1,52%.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada foi do 100%.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias