El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

A produción de mel supuxo o ano pasado un negocio de 2,4 millóns

12-11-2017 19:38:01

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que a produción de mel en Galicia achegou o pasado ano aos apicultores un total de 2,4 millóns de euros, cun incremento do valor económico do 14,3% nas últimas tres anualidades. O número de colmeas amparadas baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia supera as 40.000.
A titular de Medio Rural salientou estes datos hoxe na I Feira do Mel da Montaña, que se desenvolve no municipio de Baleira. Este evento está organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural 3 (Asociación Montes e Vales Orientais), coa colaboración do propio Concello lugués e da asociación local de apicultores.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias