El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

FONDO DE GARANTÍA XUVENIL

A Xunta destina máis de 1,2 millóns a cursos de emprego na provincia da Coruña

18-11-2017 11:42:45

A Coruña.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer a programación de cursos de formación pertencentes ao Sistema de Garantía Xuvenil, e que se enmarca no plan pioneiro de formación para desempregados específico para menores de 30 anos que conta cun orzamento de 4,3 millóns de euros para beneficiar a 1.440 mozos e mozas, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Na provincia da Coruña, o programa inclúe 31 cursos dos que se beneficiarán 465 rapaces menores de 30 anos, e que están divididos en ciclos impartidos por entidades formativas con ou sen ánimo de lucro, e por concellos. A convocatoria ten un carácter bianual para favorecer a realización de cursos máis complexos e cun maior período de duración. Polo tanto, a cualificación será máis completa e ofrecerá, deste xeito, maiores oportunidades laborais e máis capacitación aos participantes e supón un investimento de algo máis de 1,2 millóns de euros no que se refire á provincia da Coruña.

Rodeiro sinalou que os concellos que organizarán directamente as accións formativas son Culleredo, Ferrol, Oleiros, Santa Comba e Santiago de Compostela, estes dous últimos con dous ciclos cada un. As especialidades que impartirán son operacións básicas de restaurante e bar, operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica, e operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas. O orzamento para este apartado é de algo máis de 279.000 euros.

As once academias e centros de formación con ánimo de lucro beneficiarias de esta orde impartirán un total de 17 cursos en 15 municipios. O orzamento neste apartado ascende a máis de 646.000 euros, que se traducirán en 7.336 horas lectivas impartidas en 1.474 xornadas. Por último, seis entidades sen ánimo de lucro impartirán sete cursos en seis municipios da provincia, completando 3.126 horas lectivas nas especialidades de montaxe e mantemento de redes de auga, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, docencia da formación profesional para o emprego, e condución de vehículos pesados de transporte de mercadorías por estrada.

O delegado territorial da Xunta lembrou que “a finalidade do Goberno galego é acercar a formación ao territorio, crear emprego estable e fixar poboación, nomeadamente no rural”. Os alumnos e alumnas recibirán, ao rematar o curso, un certificado de profesionalidade con validez en toda España. As accións formativas centraranse en actividades con maiores índices de inserción laboral e o uso de novas tecnoloxías, axustándose ás necesidades do tecido empresarial de cada zona.

O Goberno galego, mediante o Sistema de Garantía Xuvenil, favorece o acceso ao mundo laboral dos mozos e mozas a través de catro eixos principais: a mellora da intermediación, da empregabilidade, incentivos á contratación e o fomento do emprendemento. Para apoiar á mocidade, a Xunta está a investir este ano 40 millóns de euros para formación, contratación e emprendemento.

Outros dos programas postos en marcha para os máis novos son os obradoiros de emprego. Na actualidade están en marcha un total de 24 programas mixtos de formación e emprego nos que participan preto de 500 menores de 30 anos que contan cun contrato laboral. A Xunta tamén apoia con preto de 600.000 euros a realización de prácticas non laborais dirixidas aos mozos e mozas con cualificación (titulación universitaria, ciclo de grao medio ou superior ou certificado de profesionalidade) para facilitar o seu acceso posterior ao mercado laboral.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias