El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

NO 2018

Os fondos de Medio Rural para as industrias agroalimentarias medrarán preto do 40%

18-11-2017 11:49:23

A Consellería do Medio Rural destinará arredor de 29 millóns de euros o vindeiro ano ás axudas para o fomento de investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cun incremento do 37,3% respecto á cifra de 2017.

Destes fondos, 23,8 millóns corresponden ao orzamento para industrias agroalimentarias (agás as do sector vitivinícola), coa perspectiva de que ao remate do actual Programa de Desenvolvemento Rural (PDR 2014-2020) se financien preto de 700 proxectos, cun investimento total executado próximo aos 240 millóns de euros. Os cinco millóns de euros restantes destinaranse especificamente ao sector do viño, para a mellora das súas instalacións de elaboración e comercialización.

O apoio á industria agroalimentaria é unha das prioridades do departamento que dirixe Ángeles Vázquez, coa vista posta na mellora das instalacións de transformación e comercialización, que son necesarias para facer viables e dar valor engadido ás producións agrarias.


Industria agroalimentaria

A industria agroalimentaria galega está formada por preto de 1.700 empresas, cunha facturación superior aos 4.700 millóns de euros, dando emprego a preto de 17.000 persoas. Neste eido destacan pola súa importancia económica as industrias lácteas, cárnicas e de alimentación animal, que facturan en conxunto máis do 90% do total sectorial. Son tamén moi relevantes as industrias vinícolas, que representan en número o 40% do total, aínda que a súa facturación non chega ao 5% do total sectorial.

O sector agroindustrial debe ser visto tamén como un ámbito clave no equilibrio territorial e no desenvolvemento das economías locais, como o indica o feito de que preto do 60% das empresas se sitúan en concellos de menos de 10.000 habitantes e que teñen a categoría de microempresas máis do 75% delas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias