El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

O 3º TRIMESTRE

Galicia rematou entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores

22-11-2017 16:06:18

Galicia pechou o 3º trimestre do ano entre as Comunidades Autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao cerrar o mes de setembro cun tempo medio de pago 14 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública. 

O período medio de pago de Galicia situouse en setembro en 12,98 días, mentres que a media autonómica foi de 27,16 días, é dicir, 14 días máis tarde que en Galicia. O informe elaborado polo ministerio mostra tamén que dúas comunidades autónomas incumpriron en setembro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Deste xeito, Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a sexta comunidade –a cuarta de réxime común- que paga máis rápido aos seus provedores. 

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en setembro situouse no 0,34%, por debaixo da media autonómica (0,48%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 47% no último ano, ata rebaixala aos 209,3 millóns de euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias