El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

O novo sono americano? Pesadelo

08-01-2021

Cando aconteceu o 11-S, lembro que estaba traballando na factoría de Alcoa, en quenda de tarde, e seguimos os acontecementos pola radio con bastante preocupación xa que estabamos nunha fabrica de capital USA. A sensación de que algo ía cambiar estaba moi presente, do mesmo xeito que unha sensación de non dar creto total ao que pasaba. Esa mesma sensación de non dar creto e de profundo cambio foi o que sentín diante do asalto ao Capitolio dos EE.UU. nestas datas. Calquera demócrata sentiría unha fonda preocupación. 

É certo que as imaxes seleccionadas, polos medios, ás veces son case cómicas, xente disfrazada, roupas frikies...pero ollo, non se pode desviar a atención de que son 4 as vítimas mortais do suceso e a xente ía aramada e co obxectivo de paralizar o proceso constituínte da nova Administración do Partido Demócrata, case un intento de golpe alentado polo Presidente saínte. Máis que posibles cambios trae a medio prazo no modelo político dunha das superpotencias máis influínte do mundo. Persoalmente preocúpame o anuncio de varios membros do entorno Trump, sobre a creación dun movemento político que vai ter financiamento e xogar no límite da acción política. No medio prazo a ruptura do partido Republicano en dous e a mobilización de voto oculto vai estar presente na política dos EE.UU. causando posiblemente cambios na política domestica primeiro con alcance de novo na estatal. O populismo e o neo-fascismo están para quedarse, cómpre saber si os tradicionais partidos americanos son quen de parar este efecto.

Desde Europa é hora de balancear o modelo de sociedade global, no escenario temos catro opcións: a Rusia de Putín, a China expansionista no económico, a Administración dos EE.UU ferida polo Trumpismo ou o modelo Europa por construír. Cal elixes ti? 

Mención aparte merece a miserenta lectura do acontecido pola arcaica dereita española, comparar o asalto ao Capitolio a movementos cívicos de Europa é simplemente ruín e mesquiño. A que espera a fiscalía? A que nos gobernen os amigos de Ted Cruz e Trump? Como podemos permitir que o nº 2 do PP no estado diga o que dixo? Como calquera demócrata pode intentar lexitimar o acontecido?

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca