El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

Metaverso

03-12-2021

Imos xogar a anticipar o futuro, como aquelas persoas de aldea que predicían o que ía pasar e che pedían, como pago, a vontade. A chegada do metaverso é a significación clara de que a comunicación, as relacións, os negocios e mesmo o ocio na internet van cambiar, vou ser valente e dicir que no prazo de 3 anos non existirán a actuais páxinas web e incluso como plataformas de venta vai avanzarse no cambio. O fenómeno do metaverso é xa imparable xa se ven traballando nese campo desde fai un tempo. 

A singularidade de esta tecnoloxía é a súa capacidade inmersiva. Ven para cambiar a forma de comprar online e mesmo a de relacionarse e facer negocios, todo un mundo virtual paralelo que vai a funcionar como engrenaxe das relacións e dos negocios dunha forma de conectar a todo a todos e todo o tempo. Mesmo como forma de facer un achegamento turístico previo a calquera viaxe e como elemento de formación e educación moi potente. A tecnoloxía xa existe e falta soamente pulir o sistema, pero como xa sabemos iso en tecnoloxía mídese en meses ou días. 

O relato está conformado e a necesidade tamén, a realidade da COVID, fixo avanzar o mundo nunha nova revolución de relacións comparable ao invento da imprenta e o que iso significou. A inversión dos grandes grupos vai nese camiño, demostra que é unha realidade. Entón, pode ser este cambio de relacións unha oportunidade para Galicia, eu coido que si, mais teño dúbidas de que desde a Xunta sexan quen de anticipar este fenómeno e colocarnos nunha vantaxe competitiva. 

A chave está en captar talento xerando polos de investigación público privada, como fixo no seu día Cataluña ou Euskadi. Atraer poboación nova para xerar un valor diferencial, e iso precisa de incentivos desde a administración e de garantir calidade de vida en todo o territorio. Pode e debe Galicia xogar esta liga co Norte de Portugal, ten que darse conta a administración de que Galicia é atlántica e non mediterránea e que o que ofrece en calidade de vida e lonxevidade pode atraer a eses novos empregos relacionados co metaverso que existe quen cifra en máis de 650 mil. 

O metaverso e os seus cambios xa están, existen iniciativas en Galicia que xa o traballan, Red Mundo Atlántico ten o seu propio metaverso que foi utilizado como canle de difusión da recente mWeekOuresne, porén é preciso un cambio de rumbo na administración Feijoo e poñer en xogo a identidade e o músculo de Galicia para capitalizar esta realidade, co Norte de Portugal como socio mellor, estamos diante dun momento no que podemos adiantar e gañar vantaxe competitiva, a que esperamos?

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca