El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Apunte

En branco e negro

05-09-2026

Apuntabamos o pasado mes de maio cando a crise do hantavirus que en Galicia entendíamos perfectamente a posición defendida polo Presidente de Canarias porque coñecemos esa sensación de periferia útil á que se lle esixe asumir consecuencias mentres as decisión reais tómanse a moitos quilómetros. 

Do mesmo xeito que compartimos cos canarios a nosa condición atlántica compartimos cos ceutís máis de dous séculos de língua común (o galaico portugués e despóis portugués medio) e o afastamento durante moitos séculos do centro político peninsular e como non a necesidade permanente de defender a nosa voz fronte a deixadez de funcións desde despachos que descoñecen a realidade dos nosos territorios. 

Por esto mesmo o sucedido en Ceuta non pode analizarse únicamente desde parámetros técnicos xa que existe unha dimensión emocional, territorial e política que o Goberno de Espàña volveu a ignorar cunha torpeza difícil de entender, i existe sobre todo un drama humano. 

A Dana, os incendios, a erupción do volcán de Hierro, …o corporativismo é tan forte que non é doado determinar as responsabilidades a consecuencia dunhas xestións tan nefastas.. 

O ministro de Política Territorial experto na xestión de Hierro e a ministra sumarísima de Sanidade experta en hantavirus, levan a voz cantante.> Poderíamos comparar o antigaleguismo e anticatalanismo asoballantes de Goberno e oposición coa tibieza que empregan cando se trata de Marrocos. 

Como decía recentemente un recoñecido médico e columnista a incompetencia é culpable do desastre porque se chega moi cedo ó nivel máximo da mesma en postos de grande responsabilidade i é inevitábel evitar a catástrofe. 

A para a maioría sorpresiva e inesperada chegada de migrantes a Ceuta lembrounos a marcha verde da transición. O Goberno non está á altura reaccionando mal e tarde, ou máis ben non reaccionando, e os radicais de dereitas resultan ser os grandes beneficiados e protagonistas pola inacción do Goberno. 

Comeza o tempo do cambio, dí Feijoo, que nin está nin se lle espera, namentras os F18 españois patrullan na fronteira de Lituania. 

Iníciase o tempo da reválida, dí Sanchez, que tén os días contados, empecinado en non enviar forzas disuasorias ó límite terrestre alauí, esquecendo que a derradeira convocatoria da reválida foi a principios dos setenta, en tempos da ditadura. Xose María Artiaga Díaz / Presidente de Coalición Galega

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca