Lugo.- O luns 19 remata o prazo para inscribirse nos 188 novos
postos de traballo para lucenses no paro en todos os sectores, que xera na
provincia o Goberno da Deputación co Ben
Empregado IV, máis social. Os interesados poden facelo a través da oficina
da Axencia de Colocación da Deputación, en San Marcos; na plataforma web e nos Rexistros Provinciais. Máis información no 982
26 02 04.
Esta cuarta edición do Ben Empregado, que financia en solitario o Executivo Provincial con
2,4 millóns de euros, permite financiar durante un ano os custos laborais de
novos traballadores en entidades e asociacións da provincia. Tendo en conta as
peticións dos solicitantes que resultaron beneficiados do Ben Empregado IV, o Goberno da Deputación financiará ao 100% os
custos laborais de 19 lucenses no parocon capacidades diferentes ou en risco de
exclusión social, ao 90% os de 39 persoas sen traballo que serán contratadas en
colectivos e asociacións e ao 50% a 130 veciños desempregados que comezarán a
traballar en entidades da provincia.
Tres liñas de financiamento
.- O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda ás
entidades que contraten persoas con capacidades diferentes ou en risco de
exclusión laboral. Son 19 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron
beneficiadas e que contratarán a outros tantos lucenses desempregados en dita
situación.
.- O Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda ás
empresas que contraten a lucenses actualmente no paro en xeral. 130 entidades
optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 130 veciños da
provincia en situación de desemprego.
.- A outra liña de financiamento está dirixida
exclusivamente a colectivos sociais da provincia, aos que se lles ofrece o 90%
da axuda para reforzar a súa actividade social con veciños no paro. Son 39
asociacións as que resultaron beneficiadas e polo tanto poderán contratar a 39
novos traballadores. Departamento de comunicación