A eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana
Miranda, participará esta semana nas reunións permanentes da Asemblea de
Eurolat, que se celebrará na cidade de Panamá do 3 ao 6 de abril, e na que
están convocados 75 eurodeputados e 75 representantes dos Parlamentos de
Latinoamérica e Caribe.
Se ben as relacións comerciais entre a UE e
Latinoamérica, o impulso da xustiza para loitar contra a impunidade e a
redución da desigualdade mediante o fomento da cohesión social son algún dos
temas que centran o encontro, Miranda quere facer un chamamento á necesidade de
potenciar a transparencia nas relacións comerciais e financeiras precisamente
cando se cumpren dous anos de que estalaran os coñecidos como “PanamaPapers”.
A eurodeputada nacionalista, que forma parte da
comisión do Parlamento Europeo, lembra que a filtración
en España de documentos confidencias da firma de avogados panameña Mossack
Fonseca, segundo a que existiu el ocultamento de propiedades de empresas,
activos, ganancias, ?mediante a fundación de compañías inscritas nun paraíso
fiscal “supón un lastre para a democracia no Estado español que é preciso
erradicar”
Ademais, para Ana Miranda, o coñecemento do contido
dos “PanamaPapers” pon de manifesto “a forma de proceder” do Partido Popular,
así como de boa parte da Familia Real e dos descendentes de Franco. “Todos
estes que nos pretender dar leccións de democracia son os primeiros en facernos
trampas a toda a cidadanía”, denuncia.
“É indignante que no ano 2012 o goberno español
decretase unha amnistía fiscal mediante aque se podían regularizar bens no estranxeiro,
incluíndo paraísos fiscais, e coa que un gran número de persoas e empresas que
aparecen nesa documentación agora non poden ser acusados de fraude fiscal pola
utilización deses ferras entramados”, afirma.
Protección
aos investigadores
Por outro lado, para o Bloque, a outra cara da
moeda refírese ao perigo que continuamente corren os xornalistas que investigan
a documentación comprometida relacionada coa utilización de paraísos fiscais
para o branqueo de capitais. Ao respecto, ao seu xuízo os recentes asasinatos
de DaphneCaruanaGaliziaen Malta eJánKuciaken Eslovaquia“amosan a fraxilidade da
protección coa que traballan os investigadores”.
“Se queremos consolidar democracias fortes temos
que poder coñecer o que acontece, pero tamén ser capaces de asumir a protección
dos investigadores que destapan estes graves casos de corrupción”, defende
Miranda. Departamento de comunicación