El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

Emigración renderá homenaxe ó himno galego no ano do seu centenario

06-04-2007

A Secretaría Xeral de Emigración, clausurará o vindeiro luns, día 9, Os Obradoiros para a mocidade da Galicia exterior cun acto musical no que se conmemora o centenario do Himno Galego, cuxa xénese está vinculada historicamente á colectividade galega residente no exterior, toda vez que a súa interpretación no Centro Galego de A Habana (Cuba), aló por 1807, consagrou un dos elementos máis representativos e cargados de significado que posúe Galicia. O acto, no que participarán artistas como Suso Vaamonde, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Marcos Meléndrez ou Gastón Rodríguez, entre outros, reivindicará asemade aquelas músicas que para a cidadanía galega da emigración posuíron carácter identitario e serviron para manter vivos, na distancia, os lazos con país, e neste senso, o acto busca ser unha homenaxe a eses ?outros himnos? que permitiron perseverar, dende a Galicia exterior, naqueles elementos, en moitos casos simbólicos, que exercían de enganche entre o país e a súa cidadanía residente nas nacións estranxeiras. Un exemplo deses himnos persoais, íntimos, que dende a emigración se fomentaron para perseverar na proximidade con Galicia, foron as nanas, que os pais cantaban aos seus fillos, e as ribeiráns, que simbolizan as cancións interpretadas polas mulleres que ficaron en Galicia vendo partir aos seus maridos á emigración. Guadi Galego e Guillerme Fernández interpretarán cadanseu tema.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias