El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

A Xunta aproba 1,7 millóns para impulsar os tres campus de especialización en Ferrol e na Coruña

18-05-2018 20:07:24
O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo.

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, anunciou que o Consello da Xunta aprobou hoxe un convenio coa Universidade da Coruña (UDC) para financiar as súas actividades de I+D+i.

En concreto, o devandito convenio, que está dotado con 1,7 millóns de euros, ten como finalidade principal impulsar os tres campus de especialización que está a desenvolver a UDC en Ferrol e na Coruña: Campus Industrial, Campus Innova e Campus da Sustentabilidade. A primeira liña estratéxica do convenio, segundo explicou o presidente, consiste en reforzar o Campus Industrial de Ferrol.

Ao abeiro do convenio, vanse levar a cabo actuacións en catro direccións. En primeiro lugar, garantir a continuidade da oficina do campus. A segunda actuación consiste en mellorar a promoción e difusión da oferta académica do campus, mentres que a terceira busca promover a súa internacionalización. Por último, o obxectivo da cuarta actuación é acondicionar as súas infraestruturas.


Campus Innova e Campus da Sustentabilidade

A segunda liña estratéxica do convenio, continuou o presidente, está relacionada co Campus Innova e o Campus da Sustentabilidade. En concreto, o primeiro está orientado ás TIC, ás enxeñarías e á creación de contidos dixitais; mentres que o segundo engloba as áreas de coñecemento do urbanismo e a paisaxe, medio ambiente e vida saudable.

O convenio contempla cinco liñas de traballo neste ámbito: lanzar os dous campus, crear unha oficina técnica que coordine todas as actividades que se porán en marcha; e realizar actividades de promoción e difusión. Así mesmo, potenciarase a comercialización dos resultados da investigación e organizaranse congresos internacionais.


Investimentos en infraestruturas e recursos humanos

Por último, a terceira liña estratéxica do convenio, engadiu Feijóo, engloba varios investimentos, tanto en infraestruturas como en recursos humanos. En concreto, algúns dos obxectivos dos investimentos son: melloras en edificios, dotar os laboratorios de química e biomedicina, a renovación tecnolóxica do laboratorio de produción de contidos dixitais e de animación audiovisual. Feijóo concluíu lembrando que as universidades galegas representan o 60% do noso persoal investigador.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias