Vigo.- O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) acolleu hoxe
a presentación dos datos sobre inspeccións técnicas de vehículos, así como as
accións desenvolvidas por SyCitv – Applus+ en materia de innovación tecnolóxica,
sostibilidade y responsabilidade social. O acto incluiu unha visita guiada
ás instalacións, a fin de amosar as dotacións de vangarda coas que conta o CTAG,
centro no que participa Applus+, creado para ofrecer as
solucións tecnolóxicas máis avanzadas no sector do automóvil.
No acto estiveron presentes o director xeral de Enerxía e Minas da
Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces, así como o vicepresidente de Recursos
Humanos de Applus+, José Delfín Pérez; o director xeral do CTAG, Luis Moreno, e
o adxunto á dirección xeral de SyC-Applus, Alberto Zalvide. No transcurso da
presentación, á que acudiu o delegado territorial
da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores, o director xeral de Enerxía
e Minas salientou que a memoria presentada hoxe pon de
manifesto o importante papel de SyC-Applus+ e
da inspección de vehículos no estado de mantemento
do parque móbil de Galicia e o seu control do impacto medioambiental.
Respecto
da xestión, lembrou que nesta época claramente liberalizadora, na que novos axentes
económicos incorpóranse aos mercados en sana competencia,
convén lembrar tamén a
importancia da indepedencia, a neutralidade e a calidadena prestación de
servizos que deben ofrecer
eses axentes. Neste sentido, fixo “un recoñecemento a SyC-Applus” por
representar “a neutralidade, a independencia e o servizo de calidade”, o que
leva á Xunta de Galicia a “renovar a súa confianza nesta compañía” que vén de
amosar “máxima independencia e profesionalidade”.
Polasúa banda, o vicepresidente de Applus+ destacou a doble presencia
da compañía no acto celebrado hoxe, tanto polo
seu escenario, o CTAG, no que Applus+ ten unha presencia destacada, como pola
propia presentación da Memoria, primeira que se publica tras a adquisición por
parte da multinacional da rede de estacións de ITV de Galicia, desenvolvendo a
concesión de inspección de vehículos na nosa comunidade.
José Delfín Pérez salientou que Applus+ ten os
seusalicerces en Galicia, polo que “sabemos mellor
que ninguén que a comunidade galega tense convertido nun polo mundial da
automoción”, un sector que “representa esa Galicia baseada no
talento, a innovación e a tecnoloxía”. Destacou tamén a cooperación
coas institucións e o compromiso de
Applus+ co desenvolvemento social e económico da comunidade,
aportando o valor e experiencia dunha multinacional
con 20.700 profesionales e presenza en
70 países.
Tras a benvida ofrecida polo director xeral do CTAG, Luis Moreno,
interveu o adxunto á dirección de SyC-Applus+, para presentar os datos sobre
inspeccións desenvolvidas no ano 2017. Durante ese período realizáronse case un
millón e medio de inspeccións obrigatorias, das que o 71% foron a turismos, seguidos
por vehículos lixeiros de mercadorias, que supoñen un 14,5% do total.
Observouse un incremento do 3,2% con respecto ás inspección realizadas en 2016,
unha porcentaxe moi similar á media nacional, que foi do 3,5%.
Alberto
Zalvide explicou que este incremento vén asociado a un maior envellecemento do
parque móbil nos últimos anos, que incrementa a frecuencia das inspeccións, e
dun maior comrpomiso das administracións en materia de vixiancia do tráfico,
facilitada pola conexión directa en tempo real das estacións ITV coa DXT a
través do programa ITICI.
Gracias á ITV, case tres de cada
dez vehículos que no 2017 circulaban polas estradas galegas en condicións non
aceptables para a seguridade vial e protección do medio ambente foron retirados
da circulación. É que máis de 400.000 vehículos (casi un 2% máis que en 2016)
con alomenos un defecto grave oumoi grave, foron detectados e reparados antes
da súa volta á circulación. O incremento do rexeitamento ven directamente
relacionado coa aplicación,xa durante o ano completo, dos requisitos
mais esixentes en materia de emisións contaminantes que se introduciron no
Manual de Inspección en Xullo de 2016.
En total realizáronse casi 450.000 reinspeccións –todas elas gratuitas-
debido a que algúns dos vehículos rexeitados tiveron que acudir máis de dúas
veces á ITV para acadar resultado favorable. Un 89% dos vehículos
reinspeccionados pasaron a segunda inspección á primeira. Os vehículos que con
índices de rexeitamento mais elevados son os de mercadorías, sometidos a maior
utilizacióne condicións moito mais esixentes. Respecto do grao de afectación,
detectáronse algo máis de 750.000 defectos graves ou moi graves, que impactan
xeito importante ou inminente na seguridade vial ou o medio ambiente. Ademáis,
foron detectados máis de 1,2 millóns de defectos leves. Os máis frecuentes
prodúcense en capítulos tan fundamentáis para a seguridade como freos, neumáticos ou alumeado e sinalización.
As emisións contaminantes tiveron un especial protagonismo nas variacións
nos resultados de inspeccións en 2017 pola entrada en vigor da nova normativa.
De feito, todas as categorías de vehículos sufriron un ascenso nos rexeitamentos
directamente proporcional ao incremento producido no capítulo de emisións
contaminantes.
Respecto das inspeccións non periódicas, que se solicitan para a
realización de trámites extraordinarios relacionados co vehículo, como a
legalización de unha reforma, a obtención de documentación nacional de
vehículos procedentes de outros países ou a obtención de duplicados en caso de
extravío da tarxeta, contabilizáronse en 2017 máis de 40.800 inspecciones, o
que supón un aumento do 6% respecto do ano anterior, manténdose a tendencia de
crecemento iniciada no ano 2015 directamente relacionada coa mellora da
situación económica do país. Departamento de comunicación