El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

A afluencia de visitantes estranxeiros catapulta Lugo

02-07-2018 11:54:23

Lugo.- A afluencia de visitantes estranxeiros catapulta Lugo, onde o turismo internacional xa supón o 32,6%. De xaneiro a xuño, tanto a Oficina Municipal de Turismo como a rede museística do Concello recibiron a máis de 3.800 visistantes foráneos, o que supón un 11% máis que no primeiro semestre do pasado ano.  

Os principais mercados emisores de visitantes, e tendo en conta só a Oficina Municipal de Turismo, son Estados Unidos e Francia, con máis de 690 persoas, incrementándose os turistas estadounidenses, con respecto ao mesmo período do ano anterior, máis dun 35%. Así mesmo, cómpre enxalzar o movemento de visitantes alemáns, arxentinos, italianos e portugueses polas instalacións municipais do Praza do Campo, a onde tamén se achegaron xaponeses. 

"Estamos ante cifras tremendamente positivas, que constitúen unha fortaleza para o turismo en Lugo e a proxección exterior do municipio", asegurou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen lembrou que os logros turísticos que se veñen acadando mes tras mes e ano tras ano, son froito indiscutible dun traballo conxunto entre a institución e profesionais do sector, así como da aposta decidida por competir con outros destinos a través dunha diversa e oferta non só patrimonial, senón tamén lúdico cultural.


O turismo en xuño

No que se refire ao mes de xuño, foron máis de 6.200 as persoas que visitaron as instalacións museográficas e á oficina municipal de turismo. As e os madrileños están un mes máis á cabeza dos visitante nacionais, seguidos dos procedentes de Castela e León e Cataluña. Polo que respecta aos turistas estranxeiros, destaca a visia dos procedentes de Francia, seguidos dos de Gran Bretaña.   

Dentro dos centros museísticos, o que máis interese espertou foi a Casa dos Mosaicos, con preto de 2.000 visitas, seguida da Sala de Exposicións Porta Miñá, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), e o centro de San Roque. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias