El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

LOITA CONTRA O LUME

En marcha a "operación Centinela" nos montes galegos

17-07-2018 20:06:44
Loita contra o lume.

A Xunta e o Ministerio de Defensa colaboran, un ano máis, na prevención e na loita contra o lume coa posta en marcha da Operación Centinela que estará patrullando os montes galegos ata o vindeiro 15 de setembro.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, xunto ao Xeneral Xefe da Brilat, Antonio Romero Losada, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron hoxe na sede da Brilat, na presentación oficial das patrullas da Operación Centinela galego 2018.

A Xunta segue reiterando a implicación e o traballo conxunto de todas as Administracións na prevención e na loita contra os incendios forestais, como a Administración central, Xunta, concellos, exército, policía, garda civil, policía autonómica, axentes forestais, e bombeiros forestais, entre outros. Nesta liña, xa están despregados polos montes galegos máis de 250 axentes da policía autonómica para controlar a actividade incendiaria e deter os autores dos lumes, ademais de levar a cabo unha labor preventiva e disuasoria.

Ademais, o Goberno galego agradece ás Forzas Armadas a súa implicación na loita contra os lumes forestais en Galicia e pon en valor o seu labor en materia de vixilancia e disuasión da actividade delituosa incendiaria nos nosos montes. Os militares despregados polo territorio transmiten seguridade á poboación e constitúen un reforzo indispensable en época de alto risco para os medios que dispón a Xunta e as demais administracións públicas.

As 27 patrullas despregadas polo Exército intégranse no dispositivo de 7.000 efectivos mobilizados para vixiar, protexer e coidar a riqueza forestal da nosa comunidade e defender, ao tempo, os bens e as persoas que se poden ver ameazadas polo lume. Están formadas por militares da Brilat e do Tercio de Marina da Armada de Ferrol e reforzadas cun sistema aéreo pilotado por control remoto. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias