O 79,3% dos concellos galegos que dispoñen dun sitio web contan con sede electrónica, o que supón un incremento do 49,9% nos últimos dous anos.Así se desprende dos resultados do informe “A Administración electrónica nos concellos galegos”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).Este informe está incluído no Plan Galego de Estatística 2017-2021 e avalía, cada dous anos, a situación das infraestruturas, equipamento así como o nivel de desenvolvemento da sede electrónica nos concellos, a interoperabilidade entre administracións, entre outros indicadores.Servizos na sede electrónicaTres de cada catro concellos con sede electrónica contan con rexistro electrónico mentres que o procedemento que conta cunha menor implantación na sede electrónica dos concellos é o “Pago electrónico: tributos, multas, etc.”.Respecto á evolución no período 2015- 2017, incrementáronse a maioría dos servizos das sedes electrónicas dos concellos, especialmente no caso das Notificacións electrónicas que experimentaron un crecemento de 24,6 puntos porcentuais, ou a “Carpeta do cidadán”, que se incrementou en 14,7 puntos nestes dous anos.O “Rexistro de documentos” e a “Solicitude e obtención de certificados” son os procedementos máis tramitados pola cidadanía dentro dos niveis máis avanzados de interacción. Ademais, o 27,7% de concellos galegos contan cun catálogo de procedementos dispoñible a través de Internet, sendo especialmente significativo entre os concellos con máis de 50.000 habitantes ( 57,1%).Comunicacións e participacións da cidadaníaÉ destacable tamén o incremento de uso de redes sociais por parte dos concellos, que aumentan 9 puntos porcentuais nestes dous anos, acadando o 59%.A rede social máis común nos concellos galegos é Facebook, seguida de Twitter. A acción máis común de participación coa cidadanía é a posibilidade de comentar noticias publicadas polo concello na súa web, presente nun 16,2% de concellosO incremento da presenza do portal de transparencia nos concellos galegos é considerable no ano 2017, situándose no 62,2%, medrando 32,7 puntos nos dous últimos anos, e estando presente no 100% dos concellos máis grandes.Trámites máis sinxelos para a cidadaníaUnha das indubidables vantaxes da administración electrónica é a redución do achega de documentos procedentes doutras administracións (DNI, certificacións de obrigacións tributarias