El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

LOITAS OLÍMPICAS

O Europeo de Loitas Olímpicas de Pontevedra, a primeira semana de xuño de 2019

30-07-2018 19:47:18
Pontevedra acollerá o Europeo de Loitas Olímpicas.

Despois dos encontros do domingo coas federacións que participan no Europeo de Loita que se celebra esta semana na localidade italina de Ostia, a xornada de hoxe foi o día de encontros da delegación española encabezada pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro coa Federación italiana e Federación internacional para pór as bases para a preparación do Campionato que acollerá Pontevedra na primeira semana de xuño de 2019. 

O Campionato de Europa de Loitas Olímpicas é un evento deportivo que mobiliza a deportistas achegados dende preto de 40 países de Europa e que ten grande complexidade en tanto á loxística de atención a todas as delegacións como á infraenstructura deportiva necesaria. 

Polo tanto, o Pavillón Municipal será a sede que albergará este evento e deberá transformarse para a ocasión habilitando espazos de quecemento para os deportistas, para os medios de retransmisión, para o gran número de árbitros que require a proba, e a transformación total da pista de xogo actual xa que debe elevarse un metro a respeito da actual. 

Nas reunións desta mañá analizárone os labores de apoio para o campionato polos que será necesario mobilizar a un gran número de persoas que colaboren. Galiza conta con preto de 2.000 licenzas neste deporte e 36 clubs que de seguro que se van volcar nesta cita histórica para a Loita no Estado español. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias