El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Rede Cultural ofrece 120 actuacións da cultura de base neste mes de agosto

31-07-2018 17:32:34
Presentado o programa Alicerce

Corais, bandas de música, grupos de teatro amador protagonizan un total de 120 actuacións neste mes de agosto a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña que consigue co programa "Alicerces" dinamizar a cultura de base nos concellos. 

O programa "Alicerce" da Rede Cultura da Deputación da Coruña promove e difunde a cultura de base, de maneira especial, a música e danza tradicional que supoñen a maior parte da oferta dos 403 espectáculos que forman parte desta liña de actuacións culturais destinada a entidades e concellos. 

En total, só no mes de agosto, serán 120 as actuacións programadas a través da Rede Cultural para agrupacións non profesionais a través de todo o territorio dos concellos da Coruña, en especial, formando parte de programas de festas e festivais de cada localidade. Concéntranse desta maneira no mes central do verán arredor da sexta parte das 769 actuacións que o programa destinado á cultura non profesional contempla neste ano 2018 ao que a Deputación da Coruña destina un total de 653.891,70 para as solicitudes tanto de concellos como de entidades sen fins de lucro como comisións ou asociacións veciñais ou sociais. Á convocatoria presentáranse un total de 403 espectáculos de distintas disciplinas artísticas, desde teatro a danza ou música. 

Nesta edición da Rede Cultural serán 545 as actuacións concertadas con entidades de compañías que pertencen a 195 agrupacións culturais. Neste caso, serán propostas gratuítas para o público xeral que a Deputación da Coruña subvenciona no 70%. Á cifra sumaranse as solicitadas por concellos que ascenden a un número de 224, sumando o total de 769 actuacións dentro do programa "Alicerces". "O programa Alicerces dá a medida da vitalidade da cultura de base, con esas máis de catrocentas propostas presentadas nesta edición da Rede Cultural", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. "Este circuíto de cultura non profesional supón unha maneira de dinamizar e difundir o traballo que están a facer centos de agrupacións e milleiros de persoas, creando cultura que merece e ten que ser apoiada desde unha institución como a Deputación", explica Goretti Sanmartín. 

Entre outras propostas, bandas como a Eduardo Pondal, a de Visantoña ou a de Boiro, a Coral Polifónica de Betanzos, o Grupo de Gaitas Cantigas da Terra, A Requinta de Laxeira ou  Birimbao Folk son algunhas das propostas que conforman o abano de Alicerces nesta nova edición da Rede Cultural. Departamento de comunicación | Axenda do Programa





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias