Lugo. As festas patronais de San Forilán, de Lugo, celébranse desde este xoves ata o 12 de outubro. nun ano con máis de 270 actos na cidade amurallada
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe ao pregoeiro do San Froilán 2018, Manuel Lombao, nomeado
pola Comisión de Festas no mes de maio. Na presentación, a rexedora que falou
do pregoeiro como entusiastas das ondas da radio e pioneiro deste medio en
Lugo, lembrou a traxectoria profesional de Lombao, encargado dun programa
musical novidoso por aquel entonces: Aquí la Juventud, e tamén dende a tele, como comentarista de actos
institucionais da Casa Real,
Forzas Armandas ou como presentador de Parlamento durante 8 anos.
Antes de rematar, Lara Méndez convidou
á cidadanía a gozar das festas, das inigualables cores do outono, e do bo
ambiente que se respira na cidade, emprazándoos aos máis de 280 actos do
programa e a gozar do mellor patrimonio de Lugo: a súa xente.
Ata o vindeiro día 12 celebraranse unhas 280 actividades.
Mañá venres, día de San Froilán, ás 11:00 horas, terá
lugar a apertura da feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. A
Corporación Municipal realizará un ano máis a ofrenda a San Froilán, ás 12:00
horas, acompañados pola agrupación Campeiros de San Xoán do Campo. Ao
finalizar, Lucus Ensemble, Pilocha e Lis Latas actuarán na Praza de Santa
María. Durante o día haberá pasarrúas a cargo de Trastiños de Castelo,
Devandoira Infantil, Os Amigos de Manolo, A Excusa, Garrafón.com; Airiños de
Orbazai, Os Festicultores e Louband. Skintinght e Vrásica amenizarán as sesións
vermú na Rinconada do Miño e en Campo Castelo, respectivamente. Unha verbena
galega d`antes, o concerto de La MODA e o de Zenet, actuacións de hip hop e un
espectáculo piromusical completan a programación do día do patrón.
Tras o pistoletazo de
saída das festas patronais luguesas, tivo lugar o concerto de Los Gofiones. Os
actos para a xornada inaugural do San Froilán inclúen tamén a actuación da
Orquestra Sondeseu, con Vanesa Muela Xuacu Amieva, Luis Peixoto como
convidados, e unha actuación do coelctivo ALAS, así como a verbena a cargo da
orquestra Panamá, a noite sabinera da mán de La Penúltima e unha sesión con La
Duendeneta.
Manuel Lombao, que asinou no Libro de Ouro do Concello, ofreceu un pregón celebrando o
Lugo de hoxe, sen esquecerse do da súa infancia.