El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ATENEO DE SANTIAGO

Mariano Barbacid, en Santiago

08-10-2018 09:41:54

Santiago de Compostela. Hoxe, o Ateneo de Santiago volverá comezar unha nova tempada de actividades e quen mellor para inaugurala que o recoñecido oncólogo Mariano Barbacid, quen dende o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) acude a Compostela á chamada da Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente da Entidade para tratar o tema da “Medicina de precisión e cancro: retos e oportunidades”. 

Nesta conferencia o Doutor Barbacid explicará aos asistentes en que consiste a Medicina de precisión e as súas vantaxes nos tratamentos contra os xenes canceríxenos así como as súas limitacións en ocasiónsconcretas de tumores avanzados ou metástases,aclarando tamén os tipos de tratamentos usados nestes casos máis complexos. 

Enmarcado dentro da programación do X Aniversario “En clave de futuro-10 anos do Ateneo de Santiago”, o acto levarase a cabo a partir das 20.00 horas no Auditorio Abanca da Rúa Preguntoiro, ao que se poderá acceder de xeito libre e gratuíto, e rematará co habitual coloquio co público presente. 

Mariano Barbacid é Profesor de Oncoloxía Molecular e xefe do grupo de Oncoloxía Experimental do CNIO. Estudou Ciencias na Universidad Complutense, realizando a súa tese doutoral no Instituto de Bioloxía Celular do CSIC, e completou a súa formación posdoutoral no Instituto Nacional do Cancro de Estados Unidos, onde formou o seu grupo de investigación. Foi Vicepresidente de Oncoloxía Preclínica da multinacional Bristol-MyersSquibb e fundou e dirixiu oCNIO. É un dos seis científicos españois pertencentes á Academia de Ciencias dos EE.UU e o primeiro español elixido Fellow da Academia da Asociación Americana de Investigación en Cancro (AACR). 

Ademais, é Doutor Honoris Causa polas UniversidadesMenéndezPelayo, Cantabria e Barcelona e posúe numerosas distincións internacionais polas súas investigacións sobre o cancro, atopándose entre o reducido grupo de investigadores europeos que recibiron dous AdvancedGrants do EuropeanResearchCouncil. Ata o momento ten publicados 306 traballos científicos, que inclúen 227 artigos orixinais en revistas cun dos índices de impacto máis altos de Europa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias