El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Joan Clos, nos Luns do Ateneo

11-10-2018 21:10:56
Joan Clos, ex-alcalde de Barcelona.

Santiago. O vindeiro luns, Compostela terá a honra de recibir da man do Ateneo de Santiago e os seus actos do X Aniversario ao ex-Director executivo do Programa Habitat da ONU e ex-alcalde de Barcelona Joan Clos, quen impartirá unha conferencia enmarcada dentro do ciclo “Repensar as cidades”.

A partir das 20.00 horas no Auditorio Abanca da Rúa Preguntoiro e baixo o título “A nova axenda urbana para o século XXI”, Clos poñerá en cuestión o actual sistema urbano, presentando un cambio de paradigma baseado en normas e principios para a planificación, construción, desenvolvemento, xestión e mellora  das zonas urbanas sostido sobre cinco piares fundamentais como son as políticas urbanas nacionais, a lexislación e normativa urbanas, a planificación e deseño urbano, a economía local e finanzas municipais e a implementación local. A nova axenda urbana, aprobada pola conferencia da ONU Habitat III en Ecuador, representa un ideal común para lograr un futuro mellor e máis sostible, onde todas as persoas gocen de igualdade de dereitos e de acceso aos beneficios e oportunidades, proporcionando os principios e as prácticas para trasladalo ao mundo real.

Joan Clos substituíu en 1997 a Pasqual Maragall como alcalde de Barcelona, permanecendo no cargo ata 2006. O seu mandato está caracterizado pola concepción, preparación e celebración do primeiro Fórum Universal de las Culturas, celebrado en 2004, e a conseguinte reurbanización da área de Besós e Diagonal Mar, un proxecto dez veces maior que o dos Xogos Olímpicos de 1992. Tamén puxo en marcha o Proyecto 22@, un novo barrio tecnolóxico construído sobre o Poblenou, e a remodelación de La Sagrera ante a chegada do AVE. En 2006 substituíu a José Montilla como Ministro de Industria, Comercio e Turismo de España, cargo no que permaneceu dous anos, e posteriormente foi Embaixador de España en Turquía e Azerbaiyán. En outubro de 2010 a Asemblea Xeral da ONU designouno Director Executivo do Programa de Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos (ONU-HABITAT), con rango de Subsecretario Xeral de Nacións Unidas, cargo que ocupou ata xaneiro deste ano, cando foi sucedido pola malaia Maimunah Mohd Sharif. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias