El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

AMES

Series fantásticos do fondo mariño, soños e moita fantasía inauguran a II edición do Cinema Crianza

16-11-2018 20:50:12
Cheo absoluto na Casa da Cultura de Bertamiráns.


Gran acollida de público na inauguración da segunda edición do Festival Infantil de Cine Infantil Cinema Crianza, que hoxe se celebrou na Casa da Cultura de Bertamiráns coa proxección de nove curtas dentro da sección Narracións Extraordinarias 1. Seres fantásticos de tódolos tamaños e con formas inimaxinables, historias de soños e moita fantasía recibiron este ano aos cativos e cativas, que pudieron disfrutar de grandes historias que emerxían desde as profundidades do mundo mariño. Desde autobuses que viaxaban por debaoxo do mar a pescadores que poñían as redes nos ceos. 

As curtas que se proxectaron, recomendadas para maiores de 5 anos, optan ao Premio Axóuxeres: Po no ceo (Canadá), de Iris Moore; Cinco minutos para o Baño (Rusia), de Natalia Mirzoyan; Cmo un Corpo (Austria), de Lukas Uvacek; Drasnoludki (Bielorrusia-), de Roman Burmakov; Alfombra de Paz (Irán), de Ziba Arzhang; O Pequeno Heroe (Rumanía), de Elena Ciolacu), Patas para Arriba (Ucraína), de Olha Havrylova; Mareas (Países Baixos), de Fleur Sophie de Boer e O Paxaro e a Balea (Irlanda), de Carol Freeman.

O Certame arrincou o xoves con sesións guiadas para medio millar de escolares, que puideron ver curtas procedentes de Irán, Exipto, Venezuela, Bélgica ou Suecia co obxectivo de reflexionar sobre a migración, as desigualdades ou o acoso escolar. Nas proxeccións puideron disfrutar tamén de antigos xogos ópticos e emocionarnos a través de historias de seres máxicos. Pola tarde celebrouse unha Mesa Redonda que, baixo o título 'Cruce de Camiños', contou coa participación de Cristina Campos e Rafael Sánchez, autores do blog 'O RECANTO DE LEO'; Manolo González, artifice da canle de youtube 'CLIPHISTORIA'; Cristina Novoa, coordinadora da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación e Mamen Quintas, xerente de Ficción Producción e responsable da serie infantil de Clan 'TUTÚ'. Entre outras reflexións púxose enriba da mesa a necesidade de alfabetización audiovisual tanto de profesores como de alumnos para acabar de introducir o audiovisual nas aulas como ferramenta multidisciplinar. 

Este sábado, a compañía burgalesa Títeres Errantes guiará aos asistentes a través da exposición 'A Feira das Ilusións', un percorrido pola maxia da física e a física da maxia a través de diferentes xoguetes e dispositivos que, entre o século VIII e o XX, sentaron as bases do que foi o cinematógrafo. A sesión de curtas comezará ás 12 horas coa sección Pequenas Criaturiñas, recomendada para maiores de 2 anos; seguida de Música para Parrulas coa que poderemos cantar e bailar ao son de Magín Blanco ou Xoán Curiel e A Banda do Verán. 

Pola tarde tocaralle o turno ás curtametraxes centradas no medio ambiente na sección Brotes Verdes; aos sons de partes remotas do mundo, en O Reino da Fantasía: ás historias de superación a través do fútbol, en Arredor dunha pelota; e aos filmes para maiores de 7 anos que retratan o mundo a esa idade, en A miña Familia e outros animais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias