El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

FESTIVAL DE CINE INFANTIL CINEMA CRIANZA 2018

Good Night e Rammat-Gammat acadan o Premio Axóuxeres e Buxainas á mellor curta do Festival

19-11-2018 18:19:33
Fotograma de Good Night.


Ames. O Premio á Mellor Curta na categoría Axóuxeres, filmes recomendados para menores de 5 anos, foi para a curtametraxe xaponesa Good Night, de Makiko Nanke, que tamén foi galardoada co Premio do Público; o Premio Á mellor Curta na categoría Buxainas (para
maiores de 7 anos), acadouno o filme indio Rammat -Gammat, de Ajitpal Singh. Pola súa banda, o Premio do Público nesta categoría foi para Fedhi, da exipcia Anne Abdalla. 

O xurado, composto polo director xeral da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño; a directora e realizadora Sandra Sánchez e a guionista Sara Gómez Iglesias, valorou de Good Night, o seu talento á hora de contar sen palabras as complexidades das relacións entre irmáns, utilizando a imaxinación como vehículo para resolver os conflictos cotiás. Cunha marcada proposta artística, Good Night presenta un formato e unha mensaxe extraordinariamente ben adaptado ao público que vai dirixido. 

En Rammat-Gammat, proxectada no bloque temático sobre historias de fútbol Arredor dunha pelota,. o xurado destacou a súa mestría e veracidade á hora de elaborar un relato sobre a amizade, máis alá dos condicionantes sociais; a interpretación dos actores e a sutileza do director na construcción de personaxes complexos sen condicionar ao espectador. 

As mencións especiais foron, en categoría Axóuxeres, para a chilena Petit, quiero ser grande, de Bernardita Ojeda, pola calidade do seu guión, que a través dos seus personaxes, cheos de humor e imaxinación, logran transmitir valores como a perseverancia e o compañeirismo. En categoría Buxainas, a mención foi para iraní A voz de Narge, de Hadi Rhabar, pola súa capacidade para emocionar ao espectador, a través dun relato valente e metafórico, que derruba barreiras de xénero, culturais e relixiosas. 

Arredor de 1.500 persoas asistiron ás sesións programadas nos catro días que durou o Festival no Concello de Ames. Nesta segunda edición, na que se apostou firmemente pola converxencia entre Educación e Audiovisual, o Certame consolídase como referente pola calidade e a variedade das súas propostas, así como pola resposta do público. Cinema Crianza non só logra converterse en escaparate para novos cineastas de todo o mundo, senón tamén nunha xanela aberta que permite que o público infantil de Galicia acceda a un cinema diferente e multicultural de alto contido social e de calidade. 

Na entrega de Premios, o xurado destacou “a calidade excepcional dos filmes nas dúas categroías e os valores dos que falan, tan positivos para a infanicia e a xuventude”. “Disfrutamos moito vendo as curtas e seguro que o público tamén ”, afirmou Miguel Mariño. A realizadora Sandra Sánchez, salientou a diversidade e calidade das curtametraxes “moi adaptadas ás idades, que ofrecen puntos de vista diferentes e que educan”. É un cinema que doutro xeito non se vería en Galicia”, señalou. Pola súa banda, Sara Gómez señalou a importancia de “propostas tan necesarias como Cinema Crianza”. 

Na cerimonia estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a alcaldesa en funcións do Concello de Ames, Genma Otero; e o concelleiro de Cultura, David Santomil. “Despóis de ver as proxeccións, só podo dicir que como non existía Cinema Crianza, había que inventalo. Só podo felicitar ao Concello de Ames e aos organizadores do Festival, ao seu director; Marcos Nine, e a Urdime por esta proposta tan necesaria”, afirmou Goretti Sanmartín.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias