El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

O salario medio anual en Galicia foi en 2017 de 18.463 euros

14-12-2018 11:20:07

O salario medio anual en Galicia ascendeu no ano 2017 a 18.463 euros, o que supón a cifra máis alta de toda a serie histórica, segundo revela o último Estudo sobre Salarios que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondente ao ano pasado.

Este estudo mostra que eno ano 2017 consolidouse a tendencia á alza das retribucións que perciben os traballadores galegos. O pasado ano foi o terceiro consecutivo no que se rexistrou un incremento dos salarios, que no caso de Galicia supuxo unha suba do 1,92% no salario medio anual, un crecemento maior que no conxunto de España, onde foi do 1,78%.

Os datos do organismo estatístico mostra que o salario medio anual segue sendo maior entre os homes (20.554 euros) que entre as mulleres (16.123 euros). Non obstante, no último ano o incremento salarial en Galicia foi maior entre as mulleres (+2,49%) que entre os homes (+1,76%), o que significa que en 2017 diminuíu a fenda salarial entre ambos sexos.

O estudo do IGE tamén inclúe datos sobre a remuneración que perciben os asalariados galegos por hora efectiva. Estes datos mostran que a remuneración en 2017 ascendeu a 16,7 euros por hora, o que supón tamén a cifra máis elevada de toda a serie histórica. Ademais, é igualmente o terceiro ano consecutivo no que medra este indicador.

Este estudo tamén mostra as diferencias salariais entre os distintos sectores da economía galega. Así, o salario medio anual varía entre os 33.338 euros do sector de entidades financeiras e aseguradoras e os 9.078 euros do sector ‘Outros servizos persoais e de ocio’.


Estudo exhaustivo

O Estudo sobre salarios é unha actividade estatística incluída nos Programas Estatísticos Anuais da Comunidade Autónoma, cuxo obxectivo é facer un estudo coa información existente sobre os salarios. A dita información está moi dispersa no sistema estatístico, xa que son diferentes as perspectivas desde as que se estudan os salarios e son varios os organismos que realizan estatísticas salariais. O IGE pretende con esta actividade achegar a información sobre os salarios dunha forma estruturada destacando os principais resultados de cada unha das fontes estatísticas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias