O presidente dos populares galegos,
Alberto Núñez Feijóo,afirmou que “hai un pouco do PP en cada recuncho de España
e debe haber un pouco de cada recuncho de España no PP”, subliñando que nasúa
formación hai xestión, Goberno, solvencia, experiencia e responsabilidade, por
iso “non se vai a atopar noutro partido o que se busca no Partido Popular e non
se vai a atopar noutro partido un Goberno que realmente goberne”.
Así se expresaba na Xunta Directiva provincial
do PP da Coruña na que estivo acompañado polo presidente do partido, Pablo
Casado, e polo presidente provincial, Diego Calvo. Segundo indicou, no seu
partido está a defensa da Constitución, a defensa da unidade da nación, da
igualdade entre todos os españois, e do Estado das Autonomías, que permite non
ter que elixir entre Galicia e España.
“No Partido Popular está poñer en valor
o que nos une e minimizar as diferenzas, hai unha idea global de España, pero
tamén hai unha propia de Galicia”, resaltou o presidente.
Así mesmo, Feijóo tamén reivindicou o
valor e a importancia do Partido Popular, admitindo o orgulloso que sente por
formar parte dunha forza política que gobernou e superou as dúas crises máis
grandes que viviu o noso país nas últimas décadas, que foi clave na
transformación de España e de Galicia, ao que se suman persoas e perspectivas
ao redor de obxectivos comúns, e que soubo afrontar unha renovación case sen
precedentes, tratándose dun partido que “alá onde gobernou contribuíu sempre ao
progreso e, onde non gobernou, contribuíu á democracia”.
Un Goberno que goberne
O líder do PPdeG lamentou que en España
non haxa un Goberno que goberne. Pola contra, estamos ante un Executivo que non
defende os intereses de todos os españois, senón soamente os de Pedro Sánchez.
Como sinalou, temos un presidente que
non quere ver que o que pasa en Cataluña a pesar de que o que alí ocorre “é de
libro, e ese libro é a Constitución”. Nese sentido, lembrou que a Carta Magna
debe ser respectada polo seu Goberno autonómico e, se non o fai, quen debe
asegurarse que se cumpra a Constitución é o Goberno de España.
“O preocupante é
que nin un nin outro o fagan”, engadiu.
Igualmente, aseverou que non hai
Goberno que goberne nas Comunidades sostidas polos mesmos socios de Pedro
Sánchez nin nos concellos manexados directa ou indirectamente polos populistas.
Ao contrario, si hai un Goberno que goberna nos municipios xestionados polo PP,
onde se actúa só debéndose aos veciños; e si hai un Goberno que goberna en
Galicia, onde cada semana a Xunta aproba novas iniciativas, cada mes saen
adiante novos proxectos e cada ano apróbanse as contas en tempo e forma.
“Galicia vai prosperando cada día con máis
indicadores positivos, con máis infraestruturas e servizos, con máis
oportunidades, e con máis benestar”, remarcou.
Por último, animou a seguir traballando
nestes seis mesesunidos e con ilusión, fixando un listón máis alto que os
demais, e servindo con humildade e realismo a carón dos veciños para que oPP
sexa a formación “que a xente busca e que espera que sexamos”. “Galicia é o que
nos une ante partidos divididos, Galicia é o proxecto e sentido deste partido,
e Galicia é España”, sentenciou. Departamento de comunicación