El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PPdeG

Feijóo: "Votar BNG será votar ao independentismo catalán e ao peor dos independentismos vascos"

16-12-2018 20:43:20
Núñez Feijóo (2d), presidente do PPdeG.

O presidente dos populares galegos, Núñez Feijóo, advertiu hoxe que o próximo 26 de maio, votar BNG será votar tamén ao independentismo catalán e ao peor dos independentismos vascos, xa que os candidatos do BNG, sexan de Carballo ou de calquera outro concello, irán en coalición con ERC e Bildu.   

Dixo tamén que, do mesmo xeito que non se vai atopar noutro partido o que se busca no Partido Popular –xestión, a defensa da Constitución e unha idea de España e de Galicia-, tampouco se vai encontrar en ningunha outra formación un goberno que goberne. Neste senso, Feijóo contrapuxo a estabilidade de Galicia fronte a incapacidade para gobernar do executivo de Pedro Sánchez, por estar sometido ao ditado de Podemos, ao mandato de quen o apoiou na moción de censura, e en débeda permanente con nacionalistas e independentistas.    

Para o presidente dos populares galegos, ao igual que acontece en España, tampouco hai goberno naquelas comunidades nas que o socialismo se apoia neses mesmos socios nin tampouco naqueles concellos onde o nacionalismo e o populismo son os que poñen ou quitan alcaldes.   

Pero si “hai goberno que goberna en Galicia”, indicou o líder do PPdeG, xa que pode desenvolver un proxecto e onde o seu único pacto é cos galegos. Mostra diso son as iniciativas que cada semana se aproban nos Consellos da Xunta; os proxectos que se desenvolven na provincia e no concello e, tamén, a posta en marcha de máis infraestruturas, oportunidades e servizos. Por iso, fixo fincapé en que tanto a Galicia, aos concellos e aos galegos venlle mellor un goberno como o do PPdeG que un desgoberno como o de España. “A maioría dos galegos coincidimos en que canto mellor irían as cousas en España se funcionaran como en Galicia”, sinalou.


O valor do Partido Popular

Feijóo reivindicou o valor do Partido Popular e amosouse orgulloso de pertencer a el, por ser unha formación que gobernou e superou as dúas crises máis grandes que viviu este país; por contribuír ao progreso e á democracia e por ser clave na transformación de Galicia. “Un partido que sabe conectar coa maioría dos galegos, aberto e que sabe sumar a diferentes persoas e pensamentos entorno a obxectivos que son comúns”, dixo Feijóo, quen destacou tamén a capacidade de “repoñerse a momentos difíciles”, así como saber afrontar unha renovación case sen precedentes.   

Así, o líder do PPdeG avogou por seguir traballando co listón máis alto, con ilusión e exercendo a vocación de servizo con humildade e buscando o mellor para os galegos. “Sigamos facendo deste Partido Popular o partido que a xente busca e que espera que sexamos”, engadiu. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias