O presidente dos populares galegos, Núñez Feijóo, dixo hoxe en Culleredo,
que o PP é un partido de xestión e de goberno e contrapuxo á frivolidade
doutras formacións que danan as institucións. Así, salientou o papel clave que tivo na superación das
dúas crises máis graves que sufriu este país e na transformación de Galicia.
Feijóo salientou
a contribución do PPdeG ao progreso da nosa comunidade, ao cambiar os
indicadores negativos por positivos, ao poñer en marcha infraestruturas,
oportunidades e servizos en toda a comunidade e ao ofrecer cada día máis
prestacións aos galegos. E puxo en valor a Galicia de hoxe fronte á de 2009, ao
ser a autonomía máis solvente de España e moito mellor preparada para acabar
coas desigualdades e continuar diminuíndo o desemprego.
Políticos útiles
O presidente dos
populares galegos amosouse convencido de que a maioría dos galegos coinciden en
que canto mellor irían as cousas en España se funcionaran como en Galicia, cun
goberno que goberna. Así, Feijóo indicou que en política estase para ser útiles
e asegurou que os cidadáns deixan de confiar nas institucións cando hai
gobernos frívolos.
Tamén, fixo fincapé na capacidade do PP para sumar e
tamén conectar coa maioría dos galegos: “Un partido aberto, que nin clasifica
cidadáns en mellores ou peores nin impón un pensamento único”.
Por iso, reiterou
que non se vai encontrar noutro partido o que se busca no PP, xa que é nesta
formación onde está a defensa da unidade de España, da igualdade de todos os
españois e do Estado das Autonomías. “No Partido Popular está poñer en valor o
que nos une e non agrandar as diferenzas”, salientou Feijóo, para engadir que
se pode ter unha idea global de España e tamén unha idea propia de
Galicia.
Traballar pegados ao Concello
De cara as vindeiras eleccións
municipais, o presidente dos populares galegos animou a seguir traballando cos
pés na terra e pegados ao concello, porque é así onde se atoparán as solucións
para os veciños.
Do mesmo xeito, avogou por seguir
unidos, con ilusión e exercendo esta vocación de servizo con humildade e
coherencia, para que ninguén, dentro de seis
meses, teña que pasar os apuros de Pedro Sánchez cando lle recordan o que dicía
hai seis meses. Departamento de comunicación