El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

Galicia mantense un mes máis como a Comunidade Autónoma que mellor paga aos seus provedores

21-12-2018 18:49:46

Galicia mantense un mes máis como a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de outubro un período medio de pago de 14,8 días, fronte aos 35,7 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. 

Ao peche do mes de outubro, o período medio de pago de Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. En contraste, a media autonómica situouse en 35,7 días, o que mostra que Galicia aboa os seus pagamentos 21 días antes que o conxunto das comunidades.

Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías. Pese a este cambio, Galicia mantense mes a mes como a comunidade que paga con máis axilidade as facturas aos provedores que traballan coa Xunta.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,12%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial é practicamente a terceira parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguise reducir este indicador ata rebaixalo aos 75,5 millóns de euros.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia está a ser durante todo o 2018 a comunidade que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias